La imagen no esta disponible
Slider

MAC3

A experiencia das candidaturas municipalistas chegou ao seu equinoccio. Dous anos son máis que suficientes para facer balance da traxectoria, máis ou menos exitosa, deste experimento político. Este é o propósito desta nova entrega do MAC (Muncipalismo, Autogoberno e Contrapoder) que se celebrará na Coruña entre os días 12 e 15 de outubro de 2017. Con todo, e como en anteriores encontros, o protagonismo nestas xornadas será daquelas iniciativas que mellor poidan augurar a ampliación e multiplicación da potencia municipalista e que semella non se atopan tanto na súa dimensión institucional (as candidaturas, os concellos) como nas apostas de movemento. De novo, polo tanto, poremos o acento menos nos límites xa coñecidos da institución, como naquelas prácticas políticas que poden chegar a sortealos e superalos.

Os encontros organízanse de acordo a un triplo formato de asambleas plenarias, mesas/talleres e charlas/discusión. Os eixos de traballo propostos comprenden unha ampla variedade de temas que van dende a remunicipalización de servizos, a auditoría da débeda ou a participación cidadá, ata os centros sociais e o cooperativismo, pasando polo complexo problema da da organización, a tecnopolítica e a incorporación de prácticas feministas. Nesta web ofrécese un breve resumo da maioría das charlas e eixos de traballo que se van desenvolver no MAC3. Recomendámosvos lelos e apuntarvos naqueles que máis vos interesen no formulario de inscrición.

Vémonos este outubro para facer realidade o que nos ensinou o 15M: unha democracia que o sexa e que non é outra que a do autogoberno.

DESCARGAR O PROGRAMA

[/fusion_builder_row_inner]

INFO

Programa
CharlasTalleresInscriciónMAC1MAK2
 
 

CONTACTO

jornadasmac[a]gmail.com

Únete a nuestro canal de Telegram para enterarte de todo lo que ocurre en el MAC3:

https://t.me/mac3acorunha