Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Cando propoñemos un novo encontro municipalista é, obvio, para atoparnos, e para seguir traballando xuntos e xuntas en liñas de discusión e prácticas políticas xa compartidas desde anteriores edicións.

Pero hai unha aposta común que toca poñer en cuestión: a aposta municipalista. A nosa tarefa compartida é sometela a exame, verificar a súa potencia transformadora, expoñer o seus logros e os seus obstáculos. Analizar, así mesmo, a súa articulación cos desafíos políticos en xogo a maiores escalas.

Por iso, para arrancar este novo encontro Mac3, a nosa idea é tratar de responder, quizais con máis preguntas, ás seguintes interpelacións.

Interpelacións relativas ás candidaturas municipalistas como, por exemplo, que batallas gañamos aos poderes fácticos que seguen gobernando nas nosas cidades e pobos? Que experiencias de autogoberno, isto é, de redistribución do poder público, desenvolvemos? Que experiencias refractarias á mercantilización capitalista fomos quen de poñer en pé para sentar as bases doutros modelos de cidade? Segue sendo a aposta institucional un camiño a non abandonar de cara a transformacións constituíntes? Estase a construír outro modelo de cidade con experiencias (a nivel de barrio, distrito ou de cidade) que non pasen pola mercantilización capitalista? Son espazos diversos en termos de clase, xénero e orixe étnica?

Preguntas relativas á escala estatal como, por exemplo, as seguintes:
Segue vixente a hipótese de Podemos como ferramenta para impulsar unha superación do réxime do 78? Como seguir construíndo movemento para saír das políticas neoliberais de austeridade? Que experiencias e conflitos son capaces de sortear ou tensar a actual democracia representativa dos partidos?

Preguntas relativas ao ámbito europeo, onde o “máis mercado é máis democracia” continúa marcando as regras de xogo. Como pode enfrontarse a esta escala a aposta municipalista? Que se fixo nesta liña? Faltan estratexias e imaxinación política para este reto titánico ou hai ideas en marcha que suxiren unha ruptura con este modelo?

PONENCIAS

LECTURA DE DOUS ANOS DE APOSTA MUNICIPALISTA EN MÁLAGA.

Descargar en pdf

LA CIUDAD, EL TERRITORIO Y LA CRISIS URBANA (MADRID)

Descargar en pdf

APROXIMACIONES AL MUNICIPALISMO EN ARAGÓN

Descargar en pdf

¿PERSISTE EL BLOQUEO INSTITUCIONAL QUE QUERÍAMOS SUPERAR? (BARCELONA)

Descargar en pdf