Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

O propósito da Plataforma da Auditoría Cidadá da Débeda e a Rede Municipalista contra a Débeda Ilexítima e os Recortes neste taller é, por un lado, explicar o funcionamento de Rede Municipalista contra a Débeda Ilexítima e os Recortes, os obxectivos, as campañas postas en marcha e as programadas. Por outro, aproveitar para facer unha avaliación do traballado ata agora.

Plantexaremos estratexias e accións comúns de desobediencia, reais ou simbólicas, que poidamos realizar dende os concellos e a sociedade civil, para reverter as brutais consecuencias que estas políticas están tendo sobre a cidadanía, mentres seguimos traballando en transformar as institucións para que realmente estean ao noso servizo.

Ante os seus intentos de maquillar a legalidade, as súas medidas inxustas e inmorais con leis como a Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira, a Lei de Racionalización e sostibilidade da Administración Local, o novo artigo 135 da Constitución, o Plan de pago a Provedores ou o Fondo de Liquidez Autonómico, que lonxe de mellorar a situación dos gobernos municipais non fixo máis que afogar aos municipios (primeira liña de apoio para quen sofre as consecuencias das políticas de austeridade) resulta imprescindible empezar a organizarse e desobedecer as súas “ilexitimidades”.