Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.
Os espazos de xestión cidadá (centros sociais, solares okupados, barrios autoxestionados e outra multitude de composicións que xeran autogoberno e contrapoder) teñen un importante reto por diante: recuperar a cidade da que estamos sendo expulsadas. Constituídos como espazos do común e tomados en xestión directa, resulta indispensable que os concellos das cidades que habitamos recoñezan a lexitimidade destas institucións anómalas, tal e como a está ocorrer xa en algunha das grandes cidades europeas.
Os espazos de xestión cidadá xeran unha riqueza que nin o mercado nin o Estado teñen capacidade de producir e reproducir. Por iso, non pode deixarse de insistir na necesidade de que os chamados “gobernos do cambio” teñan o acerto de recoñecer, sempre desde o respecto á autonomía de cada espazo, a inmensa potencia deste tipo de prácticas. Se a democracia é antes que nada a toma de decisións sen mediación e a intervención cidadán -algo que vai máis alá do manido concepto de “participación”-, os espazos sociais son un recurso democrático inestimable.
Neste taller aspiramos a poder coordinar respostas comúns en torno a situacións e problemáticas sociais que atravesan o día a día dos centros sociais: débeda, alugueiros, xentrificación, cultura libre, coidados, renda… Queremos rescatar o mellor das nosas hipóteses e prácticas apostando por reforzar un espazo político propio para os centros sociais e espazos de xestión cidadá en combinación co resto de axentes inmersos no movemento municipalista.