
- Este evento ha pasado.
A que chamamos recuperación económica
13 Outubro, 2017 // 16:30 - 18:30
Dende 2013 impúxose certa sensación de normalidade económica, como se a crise económica fose un mal pasaxeiro, destinado a ceder co paso do tempo. Mais o certo é que ningún dos elementos que levaron ao colapso financeiro de 2008 atopou unha solución. Para o caso español, persiste a enorme dependencia inmobiliario-financeira da súa economía, non se traballou ningún modelo produtivo de recambio e a precariedade segue crecendo, así como a escaseza de emprego informal. Por tanto, é correcto falar de recuperación económica, ou estamos só ante un breve “impasse” dunha crise que non parece ter final?