Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Ante a proposta municipalista dunha nova cultura política, a comunidade creadora pertencente ao sector cultural atópase no reto de instituir e lexitimar unha política cultural participada que sexa quen de acompañar a mudanza ineludible da produción industrial de cultura cara o sostemento da autonomía colectiva propia do contexto rururbano galego. Do evento ao acontecemento.

Para que iso suceda consideramos necesaria a análise en rigor das (non) políticas culturais locais levadas a cabo en Galicia dende unha perspectiva histórica comparada así como a posta en valor das novas derivas éticas e estéticas da arte e as manifestacións culturais máis actuais e as experiencias doutros municipios. Neste faladoiro aberto abordaremos os retos das nosas cidades, das nosas periferias descampadas e dos nosos cinturóns rururbanos na creación dunha política cultural local actualizada e conectada.

A charla estará moderada pola avogada e crítica cultural Ania González e o axitador contracultural e investigador independente de políticas culturais Jorge Liñeira, terá formato aberto e contará coa participación doutras axentes culturais presentes no MAC3