
- Este evento ha pasado.
Democracia dende o proceso
14 Outubro, 2017 // 16:30 - 20:30
Dentro do movemento municipalista os debates sobre participación estanse centrando no desenvolvemento de plataformas e ferramentas dixitais. Neste taller queremos situar o foco na estrutura, elementos, tipoloxías e calidade da participación dende unha perspectiva de procesos, xa sexan presenciais, dixitais ou híbridos. Consideramos que é importante que entre todas desenvolvamos espazos, mecanismos e confianza para compartir coñecementos que contribúan a xerar procesos máis robustos e con maior calidade democrática. Esta aposta quere construírse, ademais, a través da posta en común, a sistematización de experiencias, a avaliación e o desenvolvemento de estratexias conxuntas.
Este taller está enfocado a persoas e colectivos que traballan no deseño, desenvolvemento e execución de ferramentas e procesos participativos. Para isto, traballaremos de forma práctica no mapeo de experiencias, a categorización de procesos en marcha, o diagnóstico de retos e dificultades e a indagación sobre os retos sinalados. Queremos consolidar unha rede que lle dea continuidade ao traballo iniciado e que impulse a transición cara a un modelo radical de democracia participativa que hibride o dixital e o presencial.