Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

Desobedecer non é unha opción, é unha obriga. Nesta charla-debate exporase como as políticas da Troika aplicadas no estado Español, froito do sistema de debedocracia utilizado para disciplinar o sur de Europa, produciron interesantes formas de resistencia. Unha das principais é a desobediencia, alternativa necesaria e imprescindible ante o excesivo endebedamento e as políticas de recortes baseadas en receitas neoliberais.

Neste sentido, resulta necesario preguntarse sobre que estratexias e accións comúns de desobediencia, reais ou simbólicas, podemos empregar, tanto dende os concellos como dende a sociedade civil, a fin de reverter as brutais consecuencias destas políticas. Leis como a Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira, a Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, o novo artigo 135 da Constitución, o Plan de pagamento a Provedores ou o Fondo de Liquidez Autonómico, lonxe de mellorar a situación dos gobernos municipais, non fixo máis que afogalos. Por iso, é imprescindible empezar a organizarse, desobedecer as súas “ilexitimidades”.