Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

O municipalismo nace para a construción doutros mundos posibles. Mundos, ou modelos de cidade, que se aterramos na nosa contorna inmediata, son os lugares onde se definen novos xeitos de organización social, e tamén unhas prioridades que antepoñan a sostibilidade das vidas e dos corpos a todo aquilo que produce riqueza monetaria e poder. Dende os diversos movementos feministas veñen traballándose dende hai tempo en trazar formas de autoorganización que colectivicen coidados e abran espazos comunitarios nos que ser libre e non estar soas. Fronte a un sistema heteropatriarcal que nos marxina, explota, expulsa e mesmo déixanos sen capacidade de axencia; dende os feminismos conseguimos non só teorizar sobre modelos que fagan as vidas vivibles senón comezar a crealos.

Cremos que chegou o momento no que dende os municipalismos comecen a trazarse eixos para a construción de cidades, barrios, territorios, etc. feministas. Tras máis de dous anos de municipalismo, o feminismo rematou ocupando unha posición subalterna. Quedou no terreo do simbólico e do esquecido. Para este MAC3 proponse abordar o papel dos feminismos dentro e fóra das organizacións; trazar desde a economía feminista a interseccionalidade a partir do cuestionamento das identidades e da loita contra as violencias machistas.