
- Este evento ha pasado.
O municipalismo galego do cambio cara 2019
14 Outubro, 2017 // 16:30 - 18:30
A primavera de 2015 trouxo un cambio no panorama municipal galego. Foi a irrupción das mareas e demais movementos municipalistas de cambio. Acadáronse as alcaldías de tres cidades e tres pobos, ademais dunha significativa representación en multitude de localidades. A experiencia no goberno e na oposición, das diferentes organizacións, o traballo colaborativo e a participación dun relato común foi facendo un camiño ascendente que ten como reto futuro o asalto ás eleccións de 2019, onde hai que manter posicións e crecer en número de propostas e representación. Estamos preparadas para o reto?