Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

O fenómeno da corrupción vén acaparando unha crecente atención social. Nestes anos deseñáronse distintas estratexias para enfrontar este problema, mais demasiado frecuentemente cun tratamento máis preto ao marketing político que a unha análise rigorosa. Sexa como for, non hai dúbida de que resulta necesario un tratamento de fondo. A corrupción determina en boa medida a composición dos poderes a un nivel local, estatal e global. Teñen unha influencia directa en, por exemplo, a política de recortes, os plans urbanísticos, o sistema educativo, a xentrificación e os plans de vivenda.

A partir dos resultados do taller desenvolvido no MAC2, o pasado xaneiro en Iruña, nesta nova edición queremos poñer o foco na parte práctica. O propósito é compartir recursos, ferramentas, unha linguaxe común, estratexias para descifrar as marañas societarias que compoñen a nova enxeñería financeira. Tamén se pretenden establecer mecanismos para colaborar de xeito estreito coas compañeiras e compañeiros que dende as institucións teñen acceso á información e tecer esa rede entre movementos e candidaturas do cambio. Trátase dun exercicio fundamental se queremos saber como investigar, denunciar e xudicializar, en moitos casos, as prácticas mafiosas que se consolidaron nas nosas institucións. Prácticas que teñen a súa orixe nas familias próximas ao réxime ditatorial e que mantiveron as súas posicións dende entón.