Cargando Eventos
  • Este evento ha pasado.

A chamada recuperación converteu de novo as nosas cidades en todo un campo de oportunidades para o negocio privado. A diferenza, con todo, do longo ciclo inmobiliario-financeiro de 1996-2007, semella que agora non se trata da expansión brutal e masiva do solo urbano e das contornas construídas, canto dun modelo moito máis localizado. Nos últimos anos, o relanzamento inmobiliario semella concentrado en determinados segmentos de mercado (tramos de alto valor, locais comerciais e fincas dos centros urbanos, espazos exclusivos) e asociado a outros fenómenos coma a explosión do turismo urbano e dos chamados pisos turísticos. Con todo, os impactos da “recuperación” déixanse notar en fenómenos moito máis xerais como a escaseza relativa de pisos de alugueiro e o aumento dos prezos, o deterioro da vida dos centros urbanos, un novo ciclo de xentrificación e novas roldas de políticas públicas orientadas ao negocio inmobiliario. Neste taller dedicaremos algo de tempo e enerxía a discutir esta problemática con colectivos de distintas cidades así como a tecer estratexias de resistencia e conflito, que van dende a reactivación do movemento de vivenda (PAH, sindicatos de inquilinas) até a crítica ecoloxista.