
- Este evento ha pasado.
Remunicipalización e comúns
14 Outubro, 2017 // 16:30 - 19:30
Dende a chegada dos novos gobernos municipais debateuse o problema de que facer cos servizos sometidos á privatización, á externalización e á subcontratación. En edicións anteriores do MAC sinalouse a necesidade de producir respostas coordinadas entre municipios ás demandas que nacen dende os espazos cidadáns. Algunhas destas medidas pasan por xerar marcos xurídicos que recoñezan a xestión comunitaria de recursos urbanos, sen que iso ameace a capacidade de autoxestión e autonomía. Que pasos se deron xa nesa dirección nos diferentes contextos municipais?
Tamén, insistiuse en entender a remunicipalización como sinónimo de democratización do servizo. Isto supón que as formas de participación terán que centrarse en como integrar a cidadanía no propio goberno, é dicir, en como a cidadanía pode compartir o goberno do servizo. Dende este enfoque compartido, imponse a necesidade dun estudo/guía sobre como remunicipalizar e para que facelo. Hai recursos e enerxías para consolidar unha rede municipalista dende a que levar a cabo todos estes obxectivos?