
- Este evento ha pasado.
Tecnopolítica e municipalismo
14 Outubro, 2017 // 10:30 - 12:30
O obxectivo deste eixo é avanzar nas aprendizaxes relacionadas coa transformación en positivo e coa liberación da infraestrutura tecnolóxica das nosas institucións -afondando nas experiencias xa en marcha-, así como compartir camiños para hackear a administración pública cara á produción aberta e á municipalización público-común de servizos dixitais. Para iso, e sempre en relación coa tecnopolítica, trataremos de visualizar colectivamente as distintas iniciativas que se están desenvolvendo nos concellos do cambio e nos movementos municipalistas transformadores.
En termos moi concretos, preténdese que as persoas participantes incorporen e afonden relatos, conceptos, ideas, prácticas e contactos que permitan:
(1) proporcionar un marco teórico común e unha visión compartida aos proxectos que se están executando no ámbito municipal;
(2) construír e consolidar unha rede de traballo permanente a nivel estatal coordinada cos proxectos internacionais que se están desenvolvendo no ámbito da tecnopolítica;
(3) ter referencias narrativas e discursivas acerca dos retos, vulnerabilidades, acertos e éxitos que se están producindo no conxunto de experiencias innovadoras, así como xeitos de integralas no teu proxecto/organización;
(4) facilitar á hora de sumar as túas iniciativas ou incorporarte ás xa existentes e mellorar a capacidade crítica das participantes á hora de avaliar a idoneidade destas á casuística e particularidades concretas dos diferentes proxectos;
(5) ser capaz de trasladar estes coñecementos, inquietudes e solucións aos diferentes movementos municipalistas para favorecer a comprensión por todos os axentes e se convirta polo tanto nunha aposta firme, consensuada e robusta que poda ser asumida como liña política propia nas organizacións;
e (6) gozar dun proceso eficaz mais non por iso menos agradable.
Porque a soberanía tecnolóxica é fundamental para a nosa autonomía como persoas, colectivos e institucións.