
Eventos pasados
Eventos Lista de Navigation
Cando propoñemos un novo encontro municipalista é, obvio, para atoparnos, e para seguir traballando xuntos e xuntas en liñas de discusión e prácticas políticas xa compartidas desde anteriores edicións. Pero hai unha aposta común que toca poñer en cuestión: a aposta municipalista. A nosa tarefa compartida é sometela a exame, verificar a súa potencia transformadora,…
Más InformaciónSalón de Actos de la Facultad de Economía y Empresa. Reserva aquí tu plaza para la cena
Más InformaciónA proposta do espazo común do venres pola mañá é recoller os fíos de dúbidas, hipóteses, análises e propostas concretas lanzados no acto inaugural do Mac3, para poder tecer con eles, en grupos pequenos, discusións de maior profundidade. Trátase de tirar o máximo partido á materia prima compartida, mediante un formato máis horizontal, con maiores…
Más InformaciónCafetería del Paraninfo da Universidade da Coruña. Avisa aquí de que vas a venir a comer
Más InformaciónPasado o ecuador dos dous primeiros anos do ‘asalto municipalista’, faise urxente elaborar un balance a nivel comunicativo: valorar os resultados obtidos; e isto tanto dos dispositivos comunicativos dos que se dotou cada aposta, coma do custo político real dos ataques sufridos desde as brunetes mediáticas e do impacto social das guerras culturais. Esta reflexión…
Más InformaciónAs experiencias de propiedade colectiva e de xestión comunitaria de recursos urbanos foron unha constante ao longo da historia. As prácticas de colectivización de recursos naturais ou de medios de produción fabrís, o cooperativismo e a construción do patrimonio popular, forman parte da nosa existencia e das traxectorias que marcaron o rumbo das nosas cidades.…
Más InformaciónDende 2013 impúxose certa sensación de normalidade económica, como se a crise económica fose un mal pasaxeiro, destinado a ceder co paso do tempo. Mais o certo é que ningún dos elementos que levaron ao colapso financeiro de 2008 atopou unha solución. Para o caso español, persiste a enorme dependencia inmobiliario-financeira da súa economía, non…
Más Información“A batalla (global) da sostibilidade gañarase ou perderase nas cidades”, como dicía no acto de clausura do Cumio de Río de 1992 o seu secretario xeral, Maurice Strong. Atopámonos nun momento histórico de cambio, produto da crise multidimensional na que estamos (política, económica, social, medioambiental, cultural, de coidados…) e que nos obriga a emprender cambios…
Más InformaciónO sistema de Estados europeo, que inclúe a UE pero que non se limita a esta, demostrou nos últimos 10 anos que é incapaz de endereitar o curso cara o desastre no que, por vía do austericidio e das políticas contra as clases subalternas, se embarcou a si mesmo. As posibilidades de exercer resistencia e…
Más InformaciónOs municipios son espazos clave dende onde comezar a impulsar a reconstrución da resiliencia local fronte aos retos globais aos que nos enfrontamos. Trátase da tan necesaria transición cara a cidades postcarbono. Os duros escenarios de loita polos recursos e de supervivencia fronte a condicións realmente extremas aos que os nosos territorios se poden enfrontar…
Más InformaciónA chamada recuperación converteu de novo as nosas cidades en todo un campo de oportunidades para o negocio privado. A diferenza, con todo, do longo ciclo inmobiliario-financeiro de 1996-2007, semella que agora non se trata da expansión brutal e masiva do solo urbano e das contornas construídas, canto dun modelo moito máis localizado. Nos últimos…
Más InformaciónO termo “municipalismo” converteuse nunha palabra de moda. Son cada vez máis os actores políticos e partidos que se recoñecen nel ou que o utilizan para referirse ás dinámicas propias da escala local, mais case sempre de xeito difuso, sen concretar demasiado cales puideran ser as determinacións prácticas e políticas escondidas tralo concepto. Algúns discursos…
Más InformaciónAnte a proposta municipalista dunha nova cultura política, a comunidade creadora pertencente ao sector cultural atópase no reto de instituir e lexitimar unha política cultural participada que sexa quen de acompañar a mudanza ineludible da produción industrial de cultura cara o sostemento da autonomía colectiva propia do contexto rururbano galego. Do evento ao acontecemento. Para…
Más InformaciónO municipalismo nace para a construción doutros mundos posibles. Mundos, ou modelos de cidade, que se aterramos na nosa contorna inmediata, son os lugares onde se definen novos xeitos de organización social, e tamén unhas prioridades que antepoñan a sostibilidade das vidas e dos corpos a todo aquilo que produce riqueza monetaria e poder. Dende…
Más InformaciónO obxectivo deste eixo é avanzar nas aprendizaxes relacionadas coa transformación en positivo e coa liberación da infraestrutura tecnolóxica das nosas institucións -afondando nas experiencias xa en marcha-, así como compartir camiños para hackear a administración pública cara á produción aberta e á municipalización público-común de servizos dixitais. Para iso, e sempre en relación coa…
Más InformaciónO obxectivo deste taller é discutir sobre o desenvolvemento histórico (as súas distintas xeracións) e a situación actual da bici-pública, nun contexto onde o “big data” asociado ás súas usuarias —a través de aplicacións invasivas— está convertendo ese servizo nun gran negocio global. Para isto, analizarase a bici-publica en relación ao actual modelo de crecemento…
Más InformaciónAs fronteiras néganlles dereitos ás persoas que se atreven a cruzalas, vencellando ademais o acceso á cidadanía con estar en posesión de emprego. Este mecanismo (sen cidadanía non é posible acceder a un traballo con contrato, e sen contratación non hai papeis) condena as persoas a empregos precarios, “pagos en b” e á clandestinidade, negando…
Más InformaciónDesobedecer non é unha opción, é unha obriga. Nesta charla-debate exporase como as políticas da Troika aplicadas no estado Español, froito do sistema de debedocracia utilizado para disciplinar o sur de Europa, produciron interesantes formas de resistencia. Unha das principais é a desobediencia, alternativa necesaria e imprescindible ante o excesivo endebedamento e as políticas de…
Más InformaciónUnha proposta coa que lle queremos dar voz e, sobre todo, corpo ás mobilizacións veciñais na defensa do ben común, da vida. Coñecer as resistencias das que visualizan a inxustiza existente tras a cidade capitalista. Coñecer as arelas daquelas que pulan por colocar a vida e os dereitos sociais de todas no centro. Reflexionar sobre…
Más InformaciónO fenómeno da corrupción vén acaparando unha crecente atención social. Nestes anos deseñáronse distintas estratexias para enfrontar este problema, mais demasiado frecuentemente cun tratamento máis preto ao marketing político que a unha análise rigorosa. Sexa como for, non hai dúbida de que resulta necesario un tratamento de fondo. A corrupción determina en boa medida a…
Más InformaciónMáis alá dos paralelismos con outras partes do Estado, o ciclo político en Galicia pasa por un momento singular: a victoria política e electoral incontestable da dereita nas autonómicas do pasado setembro contrasta co momento das iniciativas municipalistas lí onde gobernan. Ademáis, novas iniciativas dentro do espazo de ruptura provocan saltos de escala que conlevan…
Más InformaciónCafetería del Paraninfo da Universidade da Coruña. Avisa aquí de que vas a venir a comer
Más InformaciónOs espazos de xestión cidadá (centros sociais, solares okupados, barrios autoxestionados e outra multitude de composicións que xeran autogoberno e contrapoder) teñen un importante reto por diante: recuperar a cidade da que estamos sendo expulsadas. Constituídos como espazos do común e tomados en xestión directa, resulta indispensable que os concellos das cidades que habitamos recoñezan…
Más InformaciónDende a chegada dos novos gobernos municipais debateuse o problema de que facer cos servizos sometidos á privatización, á externalización e á subcontratación. En edicións anteriores do MAC sinalouse a necesidade de producir respostas coordinadas entre municipios ás demandas que nacen dende os espazos cidadáns. Algunhas destas medidas pasan por xerar marcos xurídicos que recoñezan…
Más InformaciónXa sexa como límite, ou como problema, a cuestión da organización non deixou de irromper de forma recorrente nas contornas municipalistas. O baleirado de espazos, bloqueos institucionais e enfoques ambivalentes ante o conflito, sumados á perda de vínculos cos movementos do territorio, sinalan unha serie de contradicións non resoltas no seo do municipalismo. Contradicións de…
Más InformaciónDentro do movemento municipalista os debates sobre participación estanse centrando no desenvolvemento de plataformas e ferramentas dixitais. Neste taller queremos situar o foco na estrutura, elementos, tipoloxías e calidade da participación dende unha perspectiva de procesos, xa sexan presenciais, dixitais ou híbridos. Consideramos que é importante que entre todas desenvolvamos espazos, mecanismos e confianza para…
Más InformaciónO propósito da Plataforma da Auditoría Cidadá da Débeda e a Rede Municipalista contra a Débeda Ilexítima e os Recortes neste taller é, por un lado, explicar o funcionamento de Rede Municipalista contra a Débeda Ilexítima e os Recortes, os obxectivos, as campañas postas en marcha e as programadas. Por outro, aproveitar para facer unha…
Más InformaciónA primavera de 2015 trouxo un cambio no panorama municipal galego. Foi a irrupción das mareas e demais movementos municipalistas de cambio. Acadáronse as alcaldías de tres cidades e tres pobos, ademais dunha significativa representación en multitude de localidades. A experiencia no goberno e na oposición, das diferentes organizacións, o traballo colaborativo e a participación…
Más InformaciónCafetería del Paraninfo da Universidade da Coruña. Reserva aquí tu plaza para la cena
Más InformaciónO acto de peche será a ocasión de poñer sobre a mesa os acordos e propostas concretas de traballo forxadas nos talleres. Momento a aproveitar, así mesmo, tanto para valorar o encontro como para compartir as súas conclusións máis fértiles de cara a seguir no camiño… rumbo ao Mac4!
Más Información